Fervendo (Explicit)

Fervendo (Explicit)

  • 流派:Rock 摇滚
  • 语种:纯音乐
  • 发行时间:2004-04-20
  • 类型:录音室专辑

简介

Ruxe Ruxe cumpren 20 anos navegando mellor que nunca polos océanos do punk-rock mesturados con elementos da música tradicional galega e o gusto polo conto, polo realismo máxico e pola visión do mundo dende as corredoiras da aldea de Aríns en Compostela. Para uns a última banda bravú. Para outros a banda ponte entre o rock galego dos 90 e a pulsión da música emerxente do país na primeira década so século XXI. Para outros moitos unha banda de culto cun dos mellores e máis enérgicos directos que se poden ver enriba dun escenario. Un directo onde poderás desfrutar dunha banda única que nunca parou de producir, de gravar e de tocar polo mundo adiante dende a súa fundación no ano 1996. Un día dixeron deles que eran máis da terra que as miñocas e dende aquela RUXE RUXE prestan para sempre desa denominación de orixe. RUXE RUXE son xa por mérito propio unha das máis grandes referencias da música galega e un dos máis grandes capítulos da historia da música en galego...historia viva e activa da nosa culura musical

[更多]

此歌手的其他专辑