20" (Explicit)

20" (Explicit)

  • 流派:Rock 摇滚
  • 语种:英语
  • 发行时间:2016-12-12
  • 类型:录音室专辑

简介

20“ Foi un refacho de vento. Nada máis. Cada día gardado nunha caixa de madeira e cada lembranza facendo de espantapaxaros reaquelado en máquina de espantar pantasmas. Todo comezou como comezan as cousas bonitas. Sen pensalo, sen provocalo e sen planificalo. O escenario era unha corte de vacas abandonada e cunhas paredes manchadas de bosta que pouco a pouco foron ateigándose de fotos de días pasados dando fé do fugaz que pode chegar a ser o tempo. E así, pouco a pouco, a colección de ideas cativas foi medrando e facendo máis pesada, fermosa e doce a nosa equipaxe. Sería que era inverno e o clima daquela aldea obrigaba a botar leña ó lume. É posible que aquela fose a verdadeira vontade e tamén, probablemente, a única e derradeira. E así foi o conto collendo o seu aquel. Cada vez máis conto e cada vez máis aquel. Arrincando follas de almanaque e loitando contra xigantes. Pequenos contra xigantes. Con trabucos de bandoleiro cargados de dinamita e sempre agochados detrás das silveiras preparados para un novo asalto á dilixencia das emocións. Sempre adiante e sempre sen medo. Pisando ferro a fondo nun Dodge Charger camiño do lugar no que os soños nunca acaban. Moitos días e moitas noites. Adrenalínicos e sempre dispostos. Surfeando olas de lume e escoitando a J. Cash de taberna en taberna. Un día ata pensamos en deixalo pero unha conversa amiga afortunadamente convenceunos do contrario. 20” non son nada. Poderías aguantalos sen respirar debaixo da auga. Non son nada pero son moito. Suficientes para tomar decisións que cambian o destino dunha vida. Nese tempo podes namorarte, nacer, morrer. Podes deixar perder a partida ou podes decidir erguerte e continuar a soñar. En 20“ poden pasar tantas cousas que tan só con pensalo podes caer preso das fauces da angustia. 20“, nada, case nada ou aínda moito menos chegado o instante no que todo se reduce a un simple e fermoso recordo. 20 anos, 20“. Un recordo que ademais é e será a nosa vida, a nosa historia e o noso único patrimonio. Raiadura si... pero estaría ben escribir todo isto nunhas cancións...

[更多]

此歌手的其他专辑